Estatutos

CAPÍTULO PRELIMINAR

Artículo 1º.-

  1.  Constitúese con sede en Viveiro e coa denominación de “HERMANDAD DE LAS SIETE PALABRAS” (H.de las S.P.) esta Asociación que terá, con arregro ás leis, Ley 191/64 de 24 de Diciembre e o Real Decreto 1639/96 de 5 de Julio capacidade Xurídica propia.
  2. A H.de las S.P. é unha asociación cultural-relixiosa de carácter civil e sen ánimo de lucro, que ostenta personalidade xurídica propia e que se rexirá polos presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral e os órganos directivos, dentro do ámbito da súa respectiva competencia. No que non esta previsto, estarase ó establecido nas leis.
  3. Dadas as peculiriedades especiales desta asociación ,denominaremos cofrades o hermanos os socios da mesma, sen perxuicio do significado que este termo poda ter en outro tipo de organismos ou Asociacions.
CAPÍTULO PRIMERO
DOS FINS DA H. DE LAS S.P.

Artículo 2º.- Son fins desta Asociación:

  1. Organizar, colaborar ou realizar actividades e actos públicos culturais-religiosos diversos, destinados o público en xeral e sempre tendentes o ensalzamento, difusión e mellora da Semana Santa viveirense e da doctrina cristiana en xeral . Neste eido poderá organizar, colaborar o realizar procesiones, sermóns, exposicións, publicacións e cantos actos decida realizar a sua Xunta rectora, quen poderá valerse dos medios lexítimos necesarios para o recavo dos recursos económicos que se necesiten no mantemento e realización dos seus fins.
  2. Tamen o dar contunuidade as actividades e actos que na actualidade esta realizando tales como :
    • Participación na Xunta de Cofradias da Semana Santa de Viveiro e por tanto nos actos realizados por esta..
    • Colaboración coa Parroquia de Santiago de Viveiro na Organización da procesión chamada “Viacrucis de Hombres” na que esta hermandad colabora co establemento das paradas, a cesión das cruces dos penitentes e as vestimentas destes e dos levadores do “Cristo da Agonía”.
    • Realización e organización integra do chamado “Sermón de las Siete Palabras”.
    • Participación na denominada “Procesión de la Pasión” con o seu Paso procesional e a organización dos seus cofrades no acompañamento de este.
    • A Asociación non ten fins lucrativos.
CAPÍTULO SEGUNDO
DO DOMICILIO DA H. DE LAS S. P.

Artículo 3º.-
Esta asociación terá o seu domicilio social en Viveiro, concello de Viveiro e o seu enderezo postal é ” Claustros de San Francisco (local de la Cofradía)”.Localidade: Viveiro C.P.27850.

CAPÍTULO TERCEIRO
DO ÁMBITO TERRITORIAL DE ACCIÓN PREVISTO PARA A H. DE LAS S. P. :

Artículo 4º.-
O ámbito territorial de acción previsto para a Asociación esténdese a Viveiro e a sua Comarca.

CAPÍTULO CUARTO
DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACION :

Artículo 5º.-
Os órganos directivos e de administración da H.de las S.P. son:

  1. A Asamblea da Xunta Xeral.
  2. A Xunta Directiva ou Rectora.
  3. Presidente.
  4. Vicepresidente
  5. Secretario.
  6. Tesoreiro
  7. Vocales.

Artículo 6º.-
O Órgano supremo da H.de las S.P. será a Asemblea Xeral, integrada polos cofrades, que adoptarán os seus acordos polo principio maioritario, e que deberá ser convocada alomenos, en sesión ordinaria, unha vez ó ano, para a aprobación de contas e presupostos, e sesión extraordinaria, segundo o establecido nos presentes Estatutos.

  1. É competencia da Asemblea Xeral Extraordinaria, que debe exercerse mediante o voto favorable das dúas terceiras partes de asociados presentes e representados, decidir sobre os asuntos seguintes:
    • Nomeamento da Xunta Directiva.
    • Modificación dos estatutos.
    • Disolución da H.de las S.P..
    • Expulsión de cofrades, a proposta da Xunta Directiva.
    • Disposición ou alleación de bens.
    • Constitución de Federacións e integración nelas.
    • Solicitude de declaración de utilidade pública.
    • Resolver sobre calquer tipo de litigio entre calquer socio ou socios e a sua Xunta Directiva.
  2. É competencia da Asamblea Xeral Ordinaria:
    • Acorda-los gastos que se teñan que atender con cotas extraordinarias e o seu establecemento, así como os das cotas ordinarias.
    • Resolver sobre a aprobación do presupuesto anual e as súas contas.
    • Resolver sobre a aprobación do inventario anual de bens mobles e inmobles a valoración detallada dos cales será realizada polo membro de Xunta Directiva previamente designado pola mesma.
  3. De cada unha das xuntanzas celebradas levantarase a correspondente acta.

Artículo 7º.-
A Xunta Directiva de H.de las S.P. estará formada polo Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoreiro e os vocais que se estimen oportunos.

Tódoslos cargos da H.de las S.P. serán non retribuidos, e serán elixidos entre os cofrades pola Asemblea Xeral Extraordinaria mediante votación maioritaria, e o seu mandato durará catro anos, tendo potestad a Xunta Directiva para a incorpocación o sustitución de algun dos seus membros durante o seu periodo de vixencia.

Será competencia da Xunta Directiva:

  1. Os acordos normais de Goberno e administración da H.de las S.P..
  2. Aproba-los gastos consignados nos presupostos,
  3. Organiza-las actividades planificadas para a H.de las S.P..
  4. Formaliza-lo proxecto do presuposto anual, memoria e plano de actividades.
  5. Formular acordo de convocatoria de sesión extraordinaria da Asamblea Xeral para resolver sobre determinados asuntos, ou a proposta dun número de cofrades no inferior a terceira parte máis un dos cofrades.

Artículo 8º.-
Serán atribucións do Presidente da H.de las S.P.:

  1. Ostenta-la representación legal da H.de las S.P. mediante acordo da Xunta Xeral para actos concretos.
  2. Convocar e presidi-las sesións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva, e dirimir con voto de calidade os empates en segunda votación.
  3. Ordena-los pagos por conta de fondos da H.de las S.P. e previos os acordos de gastos correspondente, adoptados pola Asamblea Xeral ou pola Xunta Directiva. A ordenación de pagos realizarase co “conforme” na correspondiente factura o documento sustitutivo de esta.

Artículo 9º.-
O Vice-Presidente. Sustituirá nas suas funcions o Presidente na representación da Hermandad sempre que así o autorice o Presidente e sempre dentro dos limites de representación que este poidera establecer.

Artículo 10º.- O Secretario da H.de las S.P. terá os seguintes cometidos:

  1. Convocar a Xunta Directiva y a los asociados las reuniones previamente establecidas.
  2. Asistir ás sesións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
  3. Levar un libro de Actas das Xuntanzas da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva
  4. Establecer os contactos, relacións e comunicacions con outras persoas o entidades que se deriven dunha decisión da Xunta Directiva o do seu Presidente.

Artículo 11º.- O Tesoreiro da H.de las S.P. terá os seguintes cometidos:

  1. Leva-lo Libro de Rexistro de altas e baixas de cofrades,cos nomes, apelidos, profesión e enderezo, e un fichero dos mesmos.
  2. Leva-lo Libro de Contabilidade no que figurarán todolos ingresos e gastos da H.de las S.P., precisando a sua procedencia e conservar os documentos justificantes dos mesmos..

Artículo 12º.-
As sesións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva celebraranse no local da H.de las S.P. o donde así lo establezca a Xunta Directiva , e convocaranse, como mínimo, cunha antelación de quince dias para a Asamblea Xeral e de corenta e oito horas para as da Xunta Directiva.

No momento sinalado para o comenzo da sesión, o presidente procederá a declarala “aberta” cando se atopen presentes a maioría dos seus menbros. Caso de non cumplirse este requisito, sinalarase data e hora para a reunión en segunda convocatoria, que poderá celebrarse co número de asociados concerrentes. No reconto que se efectue en ámbolos casos terase en conta tanto cofrades presentes como os representados.

Cando a Xunta Directiva o estime procedente, pola índole da materia a tratar na sesión, poderán ser invitados a tomar parte nas deliberacións, como asesores cualificados, pero sen voto, profesionais especialistas para clarificar asuntos concretos que figuren no orde do día.

CAPÍTULO QUINTO
DOS COFRADES E DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E PERDA DA CONDICIÓN DE COFRADE.

Artículo 13º.-

  1. Serán cofrades da H.de las S.P. as persoas maiores de idade ou con capacidade de obrar, e os menores con autorización do seu representante legal que o soliciten á Xunta Directiva, e entenderanse admitidos sen acordo especial dende o día 1 de cada mes os que o soliciten en calquera dos días de mes precedente, estando obligados, ó causar alta, ó abono das cotas ordinarias establecidas.
  2. Únicamente os cofrades con capacidade de obrar poderán asistir con voz e voto ás asembleas que se convoquen.
  3. A condición de cofrade da H.de las S.P. implicará a aceptación e obrigatoriedade da observanza destes Estatutos e de cantos acordos, en materia de goberno, administración ou actividades, adopten os seus órganos rectores.
  4. Por acordo da Xunta Directiva poderanse organizar na H.de las S.P., aquelas seccións que se estimen convenientes para o mellor cumprimento dos fins da mesma e sempre dentro dos limites e condicions de funcionamiento establecidas para cada unha de elas. Estas Seccions deberan dar periodicamente a Xunta Directiva , polo menos una vez o mes, cumplida información dos resultados que se vayan obtendo.

Artículo 14º.- Serán dereitos dos cofrades :

  1. Deliberar e votar en condicións de igualdade na Asemblea Xeral, nas condicions do artigo anterior.
  2. Todos os cofrades e os seus fillos terán preferencía para utilizar-los servicios de la H.de las S.P., e asistir ou participar nos actos organizados ou dependentes desta, previa solicitud a Xunta Directiva con a lo menos uns 10 dias de antelación e sempre cos limites e condicións establecidos por esta. No caso existir algún tipo de limite, e non se poda dar cumplimento a todas as solicitudes, terán prioridad as que antes se solicitasen, a antiguedade do cofrade na H.de las S.P., e si ainda houbera empates a Xunta Directiva establecerá o criterio para dirimirlos.
  3. Formar parte da Xunta Directiva nos cargos electivos sempre que fora cofrade nos tres anos anteriores o da sua elección.
  4. Obligar a Xunta Directiva a convocar unha Asamblea Xeral Extraordinaria para decidir sobre calquer tipo de problema o suxerencia que afecte a Hermandad, sempre que sexan plantexados por escrito a Xunta Directiva e asinado manifestando o seu apoio polo menos por a terceira parte dos cofrades de esta Hermandade.

Artículo 15º.- Son deberes dos cofrades:

  1. Abona-la cota regulamentaria que se establezca.
  2. Asistir ás sesións da Asemblea Xeral con voz e voto, sempre que teña este dereito.
  3. Acepta-los acordos e decisións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.
  4. Manter en todo-los actos en que participe ou represente a H.de las S.P. unha aptitude consecuente cos fines de la H.de las S.P.
  5. Resolver calquer tipo de problema o diferencia que afecte a esta Hermandad o a decisions da Xunta Directiva, a través da exposición do mesmo nas Xuntas Xerales Ordinarias o Extraordinarias que se convoquen, para o cual o cofrade o cofrades afectados deberán presentar ante a Xunta Directiva un escrito con a exposición do problema, polo menos con antelación de 20 dias a convocatoria da mesma.

Artículo 16º.-
O reiterado incumprimento dos deberes de cofrade dará lugar a que a Xunta Directiva considere a necesidade da baixa temporal. En todo caso, dita decisión será posta en coñecemento da Asemblea Xeral, quen en definitiva, tomará o acordo que considere oportuno.

CAPÍTULO SEXTO
DO PATRIMONIO FUNDACIONAL, RECURSOS ECONÓMICOS PREVISTOS E LÍMITES DO PRESUPOSTO.

Artículo 17º.-
O patrimonio da H.de las S.P. estará constituida polos bens valorados que se relacionan no documento anexo ós presentes Estatutos que se avalará coas sinaturas do presidente e do secretario da H.de las S.P..

Artículo 18º.-
Serán recursos da H.de las S.P., as cotas ordinarias e extraordinarias dos seus asociados. Complementarán estes recursos as subvencións e axudas que reciban da administración, así como as herdanzas, legados e doazóns que la H de las S.P. reciba e todas aqueles recursos xenerados por donativos procedentes da venta de rifas, loterias o a organización e realización de calquer tipo de acto o actividad.

Patrimonio fundacional: 2.024.000 pts.-

Limite do presuposto anual: 300.000 pts.-

CAPÍTULO SÉTIMO

Artículo 19º.-
A H.de las S.P. pode disolverse por decisión da Asamblea xeral extraordinaria de cofrades, ter perdida a razón da súa existencia ou cumprimento dos seus fins esenciais.

Artículo 20º No caso de disolución da H.de las S.P., o patrimonio da mesma será cedido en usufructo a la parrroquia de Santiago de viveiro, mentras nos se constituia outra asociación disposta a realizar polo menos as actividade que esta estaba realizando e cos mesmos fins.

De conformidade co artigo precedente, os abaixo firmantes comprométense, como representantes da H.de las S.P., a cumprir e vixila-lo cumprimento das normas do presente Estatuto.

En Viveiro a 9 de Octubre de 1998.

Diseñado por GestinPe S.L.